O 4 de novembro o alumnado dos ciclos medios de IEA e EVA (1º e 2º) e o de formación profesional básica (1º e 2º) asistiu a unha sesión impartida por AESLEME, centrada na prevención e sensibilización de accidentes de tráfico.
AESLEME é unha asociación nacional sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública, dedicada á prevención de lesións graves por sinistros viarios. O obxectivo da asociación é conseguir diminuír o número de persoas que sofren as consecuencias dun accidente, mediante campañas educativas propias, que se dirixen a toda a sociedade española.