O 19 de novembro de 2026, o alumnado de 2º CM EVA, 1º CM IEA, 2º CM APSD, 2º CM SMR e 2º CS AF participou nunha charla sobre violencia machista baixo o título «Desmontando bulos na violencia de xénero».
A sesión foi impartida por Dalila Dopazo Blanco, maxistrada da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Lugo, e Luís Villares Naveira, maxistrado da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Durante a charla analizáronse as causas e as distintas manifestacións da violencia machista desde unha perspectiva histórica, xurídica e social. Tamén se abordaron algúns dos bulos e falsas crenzas que circulan arredor desta problemática, co obxectivo de contrastalos con información rigorosa e fomentar a reflexión crítica do alumnado.
A actividade foi organizada polo Departamento de Orientación.

