A FP de Grao Medio e Superior que ofertamos no IES Lois Peña Novo pertence ao réxime ordinario na modalidade presencial. A duración dos ciclos é de 2.000 horas distribuídas en 2 cursos académicos.
A maiores, o noso centro oferta prazas na modalidade dual de ordinario a alumnado previamente seleccionado en empresas da contorna. A modalidade FP Dual de 2º curso de ordinario é unha fórmula educativa que combina a formación en centro educativo e empresa durante un tempo inferior á modalidade dual de ciclo completo. A distribución temporal é a que segue:
Durante o tempo que se estea na empresa percibirase un salario que non poderá ser inferior á metade da contía do SMI. Ademais, o alumno/a será incorporado ao réxime xeral da Seguridade Social.
A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.
Máis info => http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2023-2024
Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar.
Importante! Poden xerarse tres tipos de solicitudes:
- Solicitude validada automaticamente: o impreso xerado polo asistente web indica expresamente que non ten que achegar máis documentación e que non é necesario entregar o impreso nun centro educativo. A solicitude terá consideración de validada e terase en conta no proceso de admisión. Lembre gardar unha copia impresa como resgardo e consultar a listaxe provisional de solicitudes.
- Solicitude de entrega automática: no impreso xerado indica que se trata dunha solicitude entregada automaticamente no centro de inscrición seleccionado. Neste caso non é necesario levar a solicitude ao centro. O centro verificará a documentación cargada na aplicación. Lembre gardar unha copia impresa como resgardo e consultar a listaxe provisional de solicitudes
- Solicitude de entrega presencial no centro: na epígrafe “Documentación que se presenta”, do impreso xerado pola aplicación informática, indícase a documentación que cómpre achegar. Esta documentación, xunto cos impresos xerados, deberá ser entregada en prazo en calquera centro de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional sostida con fondos públicos. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non se terá en conta no proceso de admisión.