Select Page

PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN

O alumnado, de ser maior de idade, ou as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal, de ser menor de idade, no caso de que persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha área, materia ou ámbito, ou coa decisión de promoción ou titulación adoptada, poderán solicitar por escrito a revisión da devandita cualificación ou decisión, no prazo de dous días lectivos, ou de ser o caso hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produciu a súa comunicación.

Calendario reclamacións cualificacións Formación Profesional

Calendario de reclamacións das cualificacións e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda en Educación Secundaria Obrigatoria e 1º Bacharelato

Calendario reclamacións cualificacións 2º Bacharelato e/ou pendentes de 1º Convocatoria ordinaria

Calendario reclamacións cualificacións 2º Bacharelato e/ou pendentes de 1º Convocatoria extraordinaria

Formulario reclamación ante o centro

Formulario reclamación ante a Xefatura Territorial

ORDE do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

ORDE do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.