O 24 de abril de 2026, o IES Lois Peña Novo realizou unha sesión de difusión da súa oferta formativa no IES Basanta Silva, dirixida ao alumnado de 2º de Bacharelato.
Durante o encontro presentáronse as ensinanzas de Ciclos Medios e Ciclos Superiores que ofrece o noso centro, así como distintas posibilidades de continuidade académica e profesional. Entre os aspectos abordados figuraron a matrícula simultánea con Bacharelato semipresencial e o acceso á universidade a través do título de Técnico Superior.
A sesión completouse coa presentación das distintas ensinanzas de Formación Profesional do centro e cunha información final sobre a xornada de portas abertas, prevista para o 26 de maio, así como sobre os prazos aproximados do proceso de admisión en FP.
Esta actividade permitiu achegar ao alumnado información directa sobre os nosos itinerarios formativos e as oportunidades que ofrece a Formación Profesional.


