Seleccionar página

Os días 22, 23 e 24 de marzo o noso departamento de Electricidade e electrónica acudiu, co proxecto de emprendemento Lanzadeiras easyDomo, á FP Innova 2023, celebrado na Cidade da cultura en Santiago de Compostela.

O programa Lanzadeiras desenvólvese dentro do Plan Eduemprende do Sistema Educativo de Galicia, que supón unha aposta clara e firme pola implantación na comunidade educativa nos niveis non universitarios da cultura emprendedora. Lanzadeiras establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Alcoa para promover o espírito emprendedor e promover a innovación e o emprendemento do sistema educativo co obxectivo de potenciar as competencias profesionais, sociais e persoais do alumnado.

Vídeo resumo: