Os días 2 e 4 de outubro o alumnado de FPB (1º e 2º) asistiu a un Taller de habilidades brandas en autocoñecemento e emprendemento.
O programa constou de 12 sesións presenciais de dous días cada unha. As sesións centráronse no autocoñecemento, a importancia do traballo en equipo e a planificación de accións. Nas sesións utilizaron técnicas de coaching, dinámicas de comportamento e reflexión para fomentar a aprendizaxe e a transformación dos e das estudantes. O programa estivo deseñado para axudar ao noso alumnado a desenvolver as habilidades necesarias para ter éxito no mundo laboral.