Seleccionar página

O día 15 de marzo, na nosa biblioteca, os alumnos de CSAF asistiron a unha conferencia, dentro do programa Finanzas para mortales, do banco Santander, que impartiu Marco Antonio Cespón. Desenvolvéronse temas de moito interese, como medios de cobro e pago, o factoring e o confirming, as diferencias entre liña de crédito e préstamo, medios de finanzar o emprendemento e outros relacionados coa empresa e o seu funcionamento.

Finanzas para mortales é un proxecto de educación financeira da Fundación UCEIF, Fundación da Universidade de Cantabria para o Estudo e a Investigación do Sector Financeiro, que desenvolve a través de Santander Financial Institute (SANFI). Este proxecto conta co apoio e mecenado de Banco Santander, cuxos profesionais imparten a formación de Finanzas para mortales de maneira voluntaria en toda España. O seu obxectivo é achegar o mundo da economía e as finanzas básicas a mozas e mozos, contornas rurais, emprendedores sociais e colectivos vulnerables para que todas as persoas entendan os conceptos financeiros de forma clara e sexan capaces de xestionar a súa economía cotiá e tomar as decisións máis adecuadas segundo as súas necesidades.