Saltar ao contido

O venres 30 de outubro celebramos no IES Lois Peña Novo o tradicional Magosto e Samaín, con diferentes actividades nas que participou o alumnado do centro.

Na biblioteca preparamos «O recuncho do medo galego», un percorrido dedicado ás lendas e aos seres da nosa tradición, como a Santa Compaña, o lobishome, as meigas ou as mouras. O alumnado participou en preguntas e retos a través dun pasaporte do Samaín.

Tamén celebramos o concurso «Portas Samaín», organizado polo Departamento de Orientación e a Comisión de Convivencia, no que os distintos grupos decoraron as portas das súas aulas.

Os premios do concurso foron os seguintes:

  • 1.º premio: 1.º CM IEA.
  • 2.º premio: 2.º CM APSD.
  • 3.º premio: 1.º CM EVA.
  • Accésit á creatividade: 1.º CM SMR.
  • Accésit ao traballo en equipo: 2.º CM SMR.

O Magosto celebrouse no patio do instituto, onde puidemos gozar das tradicionais castañas asadas grazas á colaboración do Departamento de Transporte e Mantemento de Vehículos.