Seleccionar página

Abre un prazo extraordinario de inscrición e matrícula a partir do 10 de xaneiro  de 2022 para alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre.

ESA: Educación Secundaria para as persoas Adultas

Ao rematar o Módulo 4 de ESA (equivalente a 4° de ESO), e sempre que se aprobe, obtense o título de Graduado en Ensinanza Secundaria

Calendario escolar

As clases darán comezo na segunda semana do mes de febreiro e rematarán o 22 de xuño de 2022.

Desenvolveranse de luns a  xoves en horario de 18:00 a 22:00  .

Requisitos académicos

O alumnado deberá acreditar estudos realizados e aprobados de:

  • BUP
  • 1° FP de 1° grao
  • 3° curso de ESO
  • Módulo 3 de ESA
  • 1° de fp básica

Cando non acredite estes estudos poderá realizar unha proba de avaliación inicial o dia 21 de xaneiro de 2022.

Sempre se pode contactar co IES Lois Peña Novo e consultar o caso concreto.

Requisitos de idade

Cumprir os dezaoito anos antes do 29 de abril de 2022.

Tamén poderá matricularse na educación secundaria de persoas adultas quen cumpra algún dos seguintes requisitos:

Ser maior de dezaseis años e ter un contrato laboral que impida acudir aos centros educativos en réxime ordinario

Ser deportista de alto rendemento

Ter cursado ensinanzas de persoas adultas en anos anteriores