Seleccionar página

O 24 de abril de 2026, a biblioteca do IES Lois Peña Novo organizou un pequeno obradoiro de chapas e marcapáxinas con collage con motivo da celebración do Día do Libro.

A actividade desenvolveuse despois do recreo e contou coa participación de distintos grupos do centro que se animaron a tomar parte nesta proposta creativa, vinculada á lectura e á celebración desta data.

O obradoiro permitiu ao alumnado achegarse ao libro e á biblioteca desde unha perspectiva plástica e participativa, combinando expresión artística e promoción da lectura nun ambiente lúdico.