Seleccionar Página

O IES Lois Peña Novo participou na Feira FP do IES San Rosendo, unha actividade orientada a dar a coñecer a oferta formativa dos centros con ensinanzas de Formación Profesional.

Durante a feira, o noso centro presentou as ensinanzas de Formación Profesional Básica, Ciclos Medios, Ciclos Superiores, Educación Secundaria para Persoas Adultas e Bacharelato semipresencial, ofrecendo información directa ao alumnado interesado en continuar a súa formación.

A participación incluíu a exposición de materiais, maquetas, equipamento técnico e outros recursos empregados nas distintas familias profesionais, así como a presentación dun vehículo vinculado ás ensinanzas da familia de Transporte e Mantemento de Vehículos.