Seleccionar página

O día 1 de decembro, o coordinador e o alumnado do noso Equipo InnovaTech, composto por 4 alumnos/as dos CS en ASIR e en AF, acudiu ao CIFP Universidade Laboral (Culleredo) para asistir á xornada de lanzamento dos retos do Programa InnovaTech FP 2023/2024. Neste evento, as empresas presentaron os detalles, mais polo miúdo, ao alumnado participante, que tamén recibiu unha sesión de formación.

O programa InnovaTech FP ten como obxectivo principal impulsar a innovación tecnolóxica e o emprendemento industrial, fomentando a creación de empresas de base tecnolóxica entre o alumnado de Formación Profesional. Para logralo, o alumnado de Formación Profesional enfrontarase á resolución de 10 retos tecnolóxicos expostos por empresas, cuxas solucións deberán xerar un impacto positivo no desenvolvemento do medio rural. O alumnado participante afrontará os retos propostos traballando en equipos multidisciplinares e que conten cunha distribución equitativa de xénero entre os seus membros. Deste xeito preténdese integrar perfís profesionais complementarios, á vez que se se promove a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.