Dende hoxe quedou instalado no noso centro o «Punto laranxa contra o acoso e o ciberacoso escolar«, que estará xestionado pola orientadora e a coordinadora de benestar emocional. O alumnado terá así un equipo de referencia ao que dirixirse. Atende ó protocolo de acoso e ciberacoso, para que os docentes dispoñan dun proceso de actuación ante esta situación.
Se estás a sufrir ou coñeces algún caso de acoso ou ciberacoso, podes denuncialo de xeito anónimo depositando unha mensaxe na caixa que atoparás visible no instituto. De igual maneira, podes achegar a túa mensaxe a través do Punto Laranxa virtual na nosa páxina web.