Os días 21 e 22 de decembro o alumnado de 1º e 2º de ASIR do ciclo superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede asistiu a unhas Xornadas de Arduino no propio centro.
Arduino é unha plataforma de creación de electrónica de código aberto, que está baseada en hardware e software libre, flexible e fácil de utilizar. Basicamente o que permite esta ferramenta é a xeración de infinidade de tipos de microordenadores dunha soa placa, que logo poden ter unha ampla variedade de usos segundo a necesidade da persoa que o cree.