INFORMACIÓN PARA O PAGAMENTO DE TAXAS PARA EXPEDICIÓN DE TÍTULOS ACADÉMICOS DE CM, CS E BACHARELATO
O alumnado que rematou a ESO ou FP Básica NON teñen que solicitalo.
Os impresos para o pago das taxas poden ser xerados a través da seguinte ligazón:
Confección on-line de impresos de Taxas e Prezos
IMPRESOS
Máis abaixo tes un modelo dos impresos de taxas cubertos cos códigos correspondentes, e no seguinte cadro podes velos importes


DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA FACELA SOLICITUDE
- O «Impreso de autoliquidación de taxas» selado polo banco ou entidade colaboradora debe presentalo na secretaría do Centro
- A fotocopia do DNI
- E, se é o caso, o libro de familia numerosa (actualizado) e unha fotocopia do mesmo.
- No caso de facer o pago telemático da taxa pode enviar toda a documentación ao correo electrónico: ies.lois.pena.novo@edu.xunta.gal, indicando no asunto: TAXA TÍTULO
- Por cuestións de seguridade dada a situación que estamos a pasar LEMBRADE traer un bolígrafo cando veñades ao centro.