Seleccionar página

Os días 20, 21, 22 e 23 de novembro, o alumnado de FPB Informática de oficina e de Mantemento de vehículos (1º e 2º) e o do CM en Atención a Persoas en Situación de Dependencia (1º e 2º), participou nunha formación de xeito presencial no noso centro, dentro do proxecto «VIO 7: Ver para erradicar», coa finalidade de sensibilizar á sociedade en xeral, e á xuventude en particular, sobre a discapacidade, a igualdade e a prevención da violencia de xénero. Esta actividade foi realizada pola asociación de mulleres con discapacidade de Galicia, ACADAR. As sesións foron interactivas e participativas, procurando a reflexión crítica e o debate entre o alumnado asistente, mediante o emprego de material teórico e audiovisual, ademais de casos prácticos.