Saltar ao contido

O 26 de outubro de 2026, o alumnado de 1º e 2º do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (APSD) realizou unha visita á sede da Cruz Vermella e ao centro de día Recréate, na Coruña.

Na primeira parte da xornada, as nosas alumnas coñeceron o funcionamento do servizo de teleasistencia da Cruz Vermella, un recurso destinado a ofrecer atención e apoio a persoas que precisan seguimento ou axuda no seu día a día.

Posteriormente, visitaron o centro de día Recréate, onde puideron coñecer as instalacións e o modelo de atención e coidados dirixidos ás persoas maiores.

A actividade, organizada polo Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade, permitiu ao alumnado achegarse a dous servizos relacionados coa súa futura actividade profesional.