O día 12 de abril, o alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, recibiu a visita das activistas Sara e Yorya, da Fundación Forjando Futuros de Colombia, para contarlles as accións que levan a cabo na sensibilización ao redor das violencias de xénero, na defensa dos dereitos humanos para a poboación LGTBIQ+, na participación democrática, na paz, na memoria histórica, na saúde mental e na apropiación do territorio. Estas activistas viñeron acompañadas de Rocío, representante da ONG AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o cambio social) e de Eloi, representante da ONG Solidariedade Internacional de Galicia.
