O día 19 de marzo, o alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, realizou unha dobre visita, primeiro ao centro de dano cerebral da Cruz Vermella Española (Castro Ribeiras de Lea – Castro de Rei), e despois á Residencia de Castro Ribeiras de Lea.
O centro de dano cerebral adquirido da Cruz Vermella Española é un recurso sociosanitario especializado na neurorrehabilitación. Céntrase na recuperación do sistema nervioso tras unha lesión neurolóxica (como un ictus ou un accidente cerebro-vascular) ou como consecuencia dunha parálise cerebral ou dunha enfermidade dexenerativa ou neurolóxica (como distrofia muscular ou esclerose múltiple).
A Residencia de Castro Ribeiras de Lea, de titularidade pública, conta con 172 prazas e está xestionada pola empresa privada Domusvi. Entre as súas instalacións conta con servizo médico e de enfermería, ximnasio para actividades e rehabilitación, servizo de atención psicolóxica e servizo de rehabilitación do Parkinson.