O alumnado de 1º curso, do ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia, realizou un obradoiro de repostaría con algúns/unhas dos/das usuarios/as do centro ocupacional de Vilalba.
O alumnado planificou unha receita e guiou aos usuarios do centro ocupacional na súa elaboración, prestándolles os apoios precisos na tarefa. Posteriormente, degustaron a sobremesa.
Nota: A imaxe foi retirada por expiración do consentimento do alumnado segundo a política de protección de datos do centro.