A FP Dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.
No proxecto de FP Dual que propoñemos dende o IES Lois Peña Novo contamos coa colaboración de empresas próximas ao fin de enriquecer a nosa comunidade.
Empresas colaboradoras:
O alumnado seleccionado percibe unha remuneración proporcional ao tempo de permanencia na empresa que non foi destinado á formación: tempo efectivo de traballo. Ademáis estará dado de alta na Seguridade Social o tempo de estancia en empresa.
A programación establecida polo IES Lois Peña Novo para o desenvolvemento do Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial en modalidade dual de ciclo completo é o seguinte (horario de tardes):
Máis Información sobre a modalidade dual => http://www.edu.xunta.gal/fp/formacion-profesional-dual-en-galicia
Requisitos de acceso
- Ter dezaoito anos ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo. Nesta convocatoria non hai límite superior de idade (Lémbrase que non é de aplicación o límite superior de idade que figura no anexo)
- Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos.
- Carecer da cualificación profesional para o posto de traballo obxecto do proxecto.
- Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder formalizalo.
- Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
Presentación de solicitudes na FP Dual
Deberase cubrir unha única solicitude para un único proxecto de FP dual, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP dual sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.
Documentación a achegar:
O artigo 4 da Orde do 14 de xuño de 2018 establece a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento:
- DNI ou NIE. No caso de non dispoñer del, copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea.
- No caso de non ter realizados os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, certificación académica na que conste o expediente académico e o depósito do título, de ser o caso, ou o certificado da superación da proba de acceso ao ciclo formativo ou da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo: https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae
No caso das solicitudes para o acceso a ciclos formativos nas que se aleguen titulacións obtidas fóra do Estado español é moi importante que os datos persoais e académicos da credencial de homologación ou da solicitude de inscrición condicional coincidan cos da solicitude de admisión. No espazo habilitado na aplicación (despois de marcar a entrega da solicitude e acceder á ventá de validación) para cargar especificamente a documentación de estudos estranxeiros deberase achegar:
Acceso a persoas con titulación estranxeira
- No caso de dispoñer de homologación do título estranxeiro:
- Documento Oficial de Identidade (DOI).
- Homologación do título.
- No caso de non dispoñer da homologación do título estranxeiro: – Documento Oficial de Identidade.
- Solicitude de homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias (Anexo I da Orde reguladora do procedemento de homologación) co selo de rexistro de entrada.
- Declaración responsable para inscrición condicionada en centro docente e/ou exame oficial (Anexo III da Orde reguladora do procedemento de homologación) co selo de rexistro de entrada.
- Resgardo de pagamento da taxa de solicitude de homologación (excepto para o título de graduado en ESO). Nos casos nos que a identidade coa que se obtivo a credencial de homologación ou os da solicitude de inscrición condicional sexan diferentes aos do DOI que se entrega coa solicitude de admisión, será necesario achegar certificado do Rexistro Civil ou da Policía onde se acredite que se trata da mesma persoa.
A ter en conta!!!
Para presentar a solicitude de inscrición para ciclos formativos de FP dual hai que ter en conta o seguinte:
- Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no momento da inscrición.
- Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude ou solicita máis dun proxecto, non se terá en conta ningunha petición.
- As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os proxectos de formación profesional dual tamén poderán realizar a solicitude de admisión a ciclos formativos.
- As persoas admitidas (seleccionadas) para un proxecto de FP dual quedarán excluídas do proceso de admisión a ciclos formativos no réxime ordinario, no réxime para as persoas adultas e nos cursos de especialización. No caso de non seren admitidas (seleccionadas) en ningún proxecto de FP dual poderán continuar no proceso de admisión a ciclos formativos e a cursos de especialización.
- Estar matriculado/a na ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT) ou ter unha praza adxudicada de FP dual ou dun curso de especialización de FP, implica a exclusión dos procesos de admisión a ciclos formativos.