A través deste programa, os centros de FP poden dotar as súas aulas con ferramentas e elementos que simulan as contornas laborais, nas que se poden empregar metodoloxías baseadas en proxectos ou retos próximos a cada sector produtivo, incorporando recursos apoiados en tecnoloxías dixitais tales como simuladores ou xemelgos dixitais. Así, os espazos están dotados de equipamento como impresoras 3D, sistemas de realidades inmersivas e de realidade mixta/virtual, sistemas holográficos, recursos de intelixencia artificial aplicada ou equipos informáticos de altas prestacións, entre outros, en función das especialidades e familias profesionais.
Este programa ten como obxectivo converter aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional.
Tendo en conta este aspecto, o noso Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade presentou o proxecto «Aula Snoezelen LPN» co obxectivo de que o alumnado do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia poida complementar a súa formación a través da creación de ambientes inmersivos que favorezan a estimulación multisensorial. Esta proposta de valor, permite ao alumnado implementar eses coñecementos con persoas de tódalas idades que teñen diversidade para favorecer a estimulación cognitiva e sensorial, a relaxación e a interacción social.
Mais información: https://www.edu.xunta.gal/fp/espazos-tecnoloxia-aplicada-fp-convocatoria-2024