O prazo de presentación de solicitudes de admisión para as ensinanzas de formación profesional en
oferta ordinaria para o curso 2024-2025 será desde o 24 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 4
de xullo.
A solicitude realizarase utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/ciclosadmision
Documentación necesaria para o proceso de admisión:
Esta documentación pode non ser requirida pola aplicación CiclosAdmisión en caso de estar rexistrada
na Consellería de Educación, ciencia, universidades e Formación Profesional.
- Documento de identificación (DNI, NIE ou pasaporte)
- Acreditación do requisito académico mediante algunha das seguintes opcións:
- Certificación académica dos estudos superados
- Título académico
- Certificación de superación de proba de acceso a ciclos (non será necesaria cando a
- Proba se realizase en Galicia despois do ano 2008.
- Titulación homologada ou en trámite de homologación mediante:
- Credencial definitiva de homologación
- Solicitude de homologación (inscrición condicional)
Ao finalizar o proceso de admisión xerarase unha solicitude cunha mensaxe en negriña que
poderá ser:
- A solicitude está automaticamente validada
- A solicitude entregouse automaticamente con documentación anexa escaneada. Neste caso non deberán acudir ao centro seleccionado como validador xa que lle chegará automaticamente a solicitude e a documentación.
- A solicitude está pendente de validar por un centro de FP. Neste caso deberán acudir a un
centro con ensinanzas de Formación Profesional achegando a solicitude xerada acompañada da
documentación anteriormente descrita (Documento identificación persoal e acreditación do
requisito académico)
PROCESO DE MATRÍCULA
Documentación necesaria para a formalización da matrícula:
- Documento de identificación (DNI, NIE ou pasaporte)
- Acreditación do requisito académico mediante algunha das seguintes opcións:
- Certificación académica dos estudos superados
- Título académico
- Certificación de superación de proba de acceso a ciclos (non será necesaria cando a proba se realizase en Galicia despois do ano 2008.
- Titulación homologada ou en trámite de homologación mediante:
- Credencial definitiva de homologación
- Solicitude de homologación (inscrición condicional)
- Certificado de profesionalidade integrado no ciclo formativo e sen ningún dos anteriores requisitos, accederán no caso de prazas liberadas
- Xustificante de pago da taxa de seguro escolar (1,12€) posibilidade de realizar o abono na
conserxería do IES Lois Peña Novo ou en entidade bancaria.
ORDE do 15 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos
centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional
de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas.
Artigo 15. Presentación de solicitudes para o primeiro curso do réxime ordinario
3. Deberase xuntar á solicitude a seguinte documentación:
a) Fotocopia cotexada do documento de identificación
b) Quen solicite acceso por ter requisitos académicos a ciclos formativos de grao medio ou de grao
superior deberá achegar certificación académica dos estudos requiridos para o acceso, na cal figuren as
cualificacións das materias e na cal conste ter efectuado o depósito do título, de ser o caso. Só será
necesario entregar as certificacións académicas das que non dispoña a Administración educativa de
Galicia
c) Quen solicite acceso mediante proba deberá achegar unha copia compulsada do certificado de
superación da proba de acceso aos ciclos formativos solicitados no caso de non ter sido expedido pola
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia ou cando sexa
expedido por esta e non se dea o consentimento para a súa consulta. As persoas que accedan por ter
superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou por ter superada a proba de
acceso a ciclos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e
deseño deberán presentar copia compulsada da correspondente certificación.
d) As persoas con discapacidade que opten ás prazas reservadas deberán presentar o correspondente
certificado acreditativo de discapacidade só no caso de non ter sido expedido por organismos
dependentes da Xunta de Galicia ou cando sexa expedido por estes e non se dea o consentimento para
a súa consulta.
f) Quen alegue para o acceso directo titulacións homologadas ou en trámite de homologación, por
correspondencia coas obtidas no estranxeiro, deberá xuntar a seguinte documentación:
- Credencial definitiva de homologación dos seus estudos cos correspondentes españois, na cal figure a nota para os efectos de acceso.
- Quen aínda non obtivese a credencial indicada anteriormente deberá achegar solicitude de inscrición condicional