https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision
O prazo de presentación de solicitudes de admisión para as ensinanzas de formación profesional en
oferta ordinaria para o curso 2024-2025 será desde o 24 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 4
de xullo.
A solicitude realizarase utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp
Documentación necesaria para o proceso de admisión:
Esta documentación pode non ser requirida pola aplicación CiclosAdmisión en caso de estar rexistrada
na Consellería de Educación, ciencia, universidades e Formación Profesional.
- Documento de identificación (DNI, NIE ou pasaporte)
- Acreditación do requisito académico mediante algunha das seguintes opcións:
- Certificación académica dos estudos superados
- Título académico
- Certificación de superación de proba de acceso a ciclos (non será necesaria cando a proba se realizase en Galicia despois do ano 2008.
- Titulacións obtidas no estranxeiro:
- En caso de dispoñer da homologación: Credencial definitiva de homologación
- En caso de non dispoñer da homologación:
- Solicitude de homologación e/ou validación de estudos co selo e rexistro de entradas (Anexo I da Orde reguladora do procedemento de homologación).
- Declaración responsable para inscrición condicionada en centro docente e/ou exame oficial (Anexo III da Orde reguladora do procedemento de homologación) co selo de rexistro de entrada.
- Resgardo de pagamento da taxa de solicitude de homologación (excepto para a o título de graduado en educación secundaria obrigatoria).
Ao finalizar a proceso de admisión xerarase unha solicitude que porá unha mensaxe en negriña que
poderá ser:
- A solicitude está automaticamente validada
- A solicitude está pendente de validación por un centro de FP. Neste caso deberán acudir a
un centro con ensinanzas de Formación Profesional achegando a solicitude xerada acompañada
da documentación anteriormente descrita (Documento identificación persoal e acreditación do
requisito académico)