Os días 18 e 19 de novembro, o alumnado de FPB (1º e 2º) participou nun taller de habilidades brandas (Soft skills) centrado no autocoñecemento e no emprendemento.
O programa constou de 12 sesións presenciais distribuídas en dous días. As actividades estiveron orientadas ao autocoñecemento, á importancia do traballo en equipo e á planificación de accións. Utilizáronse técnicas de coaching, dinámicas de comportamento e espazos de reflexión para fomentar a aprendizaxe e a transformación do estudantado.
Este programa foi deseñado co obxectivo de axudar ao noso alumnado a desenvolver as habilidades necesarias para o mundo laboral.