O pasado 2 de decembro, o alumnado do Ciclo Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia (APSD) realizou unha saída a Riotorto e A Pontenova para coñecer diferentes iniciativas de emprendemento vinculadas ao perfil da familia profesional de Servizos á Comunidade.
Durante a visita, o alumnado tivo a oportunidade de explorar:
✔ Dúas Casas do Maior en Riotorto.
✔ Unha Casa Niño e unha Vivenda Comunitaria que atende as necesidades sociocomunitarias deste concello e da súa contorna.
✔ Unha Vivenda Comunitaria situada no concello da Pontenova.
Estas experiencias permitiron ao alumnado achegarse a proxectos reais que combinan innovación e atención ás persoas, reforzando a súa formación práctica e vocacional.