Seleccionar página

O programa InnovaTechFP 24/25 inclúe no seu desenvolvemento formación en técnicas de Design Thinking.

Esta formación levouse a cabo nunha sesión presencial o mércores 8 de xaneiro ás 9:30 nun CIFP de Lugo. O equipo InnovaTechFP 24/25, coordinado polo docente Xurxo García Vázquez, está composto por:

  • 3 estudantes de 2º do CS en Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR).
  • 2 estudantes de 2º do CS en Administración e Finanzas (AF).

O programa InnovaTech FP ten como obxectivo principal impulsar a innovación tecnolóxica e o emprendemento industrial, fomentando a creación de empresas de base tecnolóxica entre o alumnado de Formación Profesional. Para logralo, o alumnado de Formación Profesional enfrontarase á resolución de 20 retos tecnolóxicos expostos por empresas, cuxas solucións deberán xerar un impacto positivo no desenvolvemento do medio rural. O alumnado participante afrontará os retos propostos traballando en equipos multidisciplinares e que conten cunha distribución equitativa de xénero entre os seus membros. Deste xeito preténdese integrar perfís profesionais complementarios, á vez que se se promove a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.