Seleccionar página

Do 19 ao 22 de xaneiro, o alumnado dos Ciclos Superiores de Administración e Finanzas e Asistencia á Dirección participou nunha viaxe cultural a Londres, deseñada para mellorar a súa competencia lingüística en inglés, unha habilidade moi valorada no ámbito profesional.

Durante a estadía, o alumnado tivo a oportunidade de visitar os espazos e monumentos máis emblemáticos da cidade, como o Banco de Inglaterra e o distrito financeiro. Ademais, participaron nun obradoiro no Museo das Marcas, onde analizaron o perfil dos clientes como parte do itinerario formativo.

Unha experiencia enriquecedora que combinou cultura, aprendizaxe e formación profesional nun dos centros financeiros máis importantes do mundo!