O luns 3 de febreiro tivo lugar na biblioteca a primeira parte do programa EduReferentes, unha iniciativa da asociación Executivas de Galicia coa colaboración da Consellería, que ten como obxectivo achegar ao alumnado á realidade do mundo laboral desde unha perspectiva de xénero.
Nesta primeira xornada desenvolvéronse dúas accións formativas dirixidas a diferentes públicos:
🔹 Sesión informativa «Mulleres referentes no sector tecnolóxico» (10:35-11:15), na que o alumnado de CM en Electromecánica de Vehículos Automóbiles (EVA), CM en Instalacións Eléctricas e Automáticas (IEA) e 1º CS en Administración e Finanzas (AF) puido coñecer de primeira man as experiencias de profesionais do sector.
🔹 Obradoiro de Soft Skills, impartido por técnicas da asociación Executivas de Galicia, dirixido ao alumnado de 1º de FP Básica en Mantemento de Vehículos e Informática de Oficina (11:45-12:35), co obxectivo de mellorar as competencias persoais e laborais.