Seleccionar página

O luns 17 de febreiro, o noso centro celebrou o Día de Rosalía de Castro cunha actuación especial a cargo de Lois Pérez, unha das voces máis destacadas da narrativa e da oralidade galega contemporánea.

A actividade, organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) en colaboración co Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade e a Biblioteca, desenvolveuse ás 16:20 horas e contou coa participación do alumnado de:
📌 1º e 2º do CM en Atención a Persoas en Situación de Dependencia (APSD)
📌 1º e 2º FPB en Informática de Oficina (IO)
📌 1º FPB en Mantemento de Vehículos (MV)
📌 Alumnado de Educación de Adultos

Durante a sesión, Lois Pérez ofreceu unha interpretación envolvente, combinando narración e oralidade para homenaxear a Rosalía de Castro e poñer en valor a nosa lingua e cultura. O evento resultou ser unha experiencia enriquecedora para todo o alumnado, que puido gozar dun enfoque diferente e atractivo sobre a literatura galega.