O día 12 de marzo, o alumnado de 1º do Ciclo Superior en Mecatrónica Industrial asistiu a unha demostración práctica no taller de mecanizado do IES Lois Peña Novo, organizada polo Departamento de Instalación e Mantemento.
A sesión estivo a cargo dun experto en reparación e mantemento de máquinas-ferramenta, quen explicou e exemplificou procesos clave como:
🔧 Axuste dunha transmisión reductora
🛠 Reparación dunha botella hidráulica
⚙ Funcionamento dun distribuidor hidráulico
Esta actividade permitiu ao alumnado observar de primeira man o funcionamento e o mantemento destes compoñentes, fundamentais no sector da mecatrónica industrial.
