O pasado 24 de abril, o alumnado de 1º do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (APSD) repetiu unha das actividades do pasado curso: a sesión de contacontos con temática de diversidade funcional e valores de convivencia.
Como no curso pasado, tratouse dunha actividade colaborativa vinculada aos módulos do ciclo, cun claro obxectivo pedagóxico e social: poñer en valor o Día do Libro e promover a educación en valores desde a primeira infancia.
Nesta ocasión, a actividade desenvolveuse na escola infantil do CEIP Insua Bermúdez, onde o alumnado do ciclo preparou e representou contos adaptados que fomentan a inclusión, a empatía e o respecto pola diversidade.

