Seleccionar página

O pasado 10 de abril, a biblioteca do noso IES acolleu unha nova sesión de mentorías profesionais do programa EduReferentes, coa participación de cinco alumnos de 2º de FP Básica.

A actividade estivo a cargo de María Caeiro, no marco do traballo do Departamento de Orientación, e permitiu ao alumnado coñecer de primeira man experiencias profesionais, reflexionar sobre o seu futuro laboral e facer preguntas directas nun espazo de confianza.

Estas mentorías contribúen a reforzar a orientación vocacional e profesional do noso alumnado, ampliando horizontes e motivando decisións fundamentadas para o futuro.