Seleccionar página

O pasado 30 de abril, o alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas realizou unha visita técnica á central hidroeléctrica de Belesar.

O obxectivo da actividade foi coñecer de primeira man o funcionamento dunha central hidroeléctrica, así como comprender os procesos de xeración, transformación e distribución da enerxía eléctrica desde unha perspectiva práctica e profesional.

A visita permitiu reforzar os contidos traballados na aula e relacionar os coñecementos teóricos cos sistemas reais de produción enerxética que forman parte da nosa contorna.

Encoro de Belesar é un pantano artificial creado en 1963 no río Miño, España (o máis grande deste río). Situado entre os municipios de Taboada, Chantada, Saviñao, Paradela, Páramo, Guntin e Portomarín. A súa capacidade é de 655 hm³, ocupando unha superficie de 1910 hectáreas aproximadamente e presentando unha cola de 50 km.