O día 13 de maio, o alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas participou nunha saída didáctica organizada polo seu departamento. A visita tivo como destino dúas empresas de referencia no ámbito da xestión loxística e da produción sostible.
En primeiro lugar, o alumnado achegouse ás instalacións de Gadisa, onde puido coñecer de primeira man o funcionamento das súas plataformas loxísticas de compra e distribución, xestionadas mediante sistemas de radiofrecuencia. Esta experiencia permitiu observar como se aplican os coñecementos teóricos sobre organización empresarial e tecnoloxías de xestión no contexto real dunha gran empresa galega.
A continuación, visitaron Orballo, unha empresa dedicada ao cultivo, transformación e comercialización de infusións e té, cun claro compromiso coa sustentabilidade e a produción ecolóxica. Alí descubriron un modelo de negocio que aposta polos cultivos 100% ecolóxicos e pola valorización do rural galego.
Unha xornada que lles permitiu aproximarse a dúas realidades empresariais moi diferentes, pero igualmente comprometidas coa innovación e o territorio.