Seleccionar página

O día 16 de maio celebramos na biblioteca do noso centro o Día das Letras Galegas cunha actividade moi especial: A cantiga como menciña. Nesta ocasión, rendemos homenaxe ás cantareiras, mulleres transmisoras da nosa poesía oral popular, que coidaron da tradición e da identidade colectiva por medio da música.

Durante a xornada, o noso alumnado reflexionou sobre o papel das cantigas na cultura galega como forma de expresión, memoria e cura. A actividade contou con momentos de interpretación musical, lectura e diálogo arredor do legado oral das nosas avoas.