O pasado 2 de xuño recibimos a visita de Aida, representante de Special Olympics Galicia, unha entidade sen ánimo de lucro que organiza actividades deportivas, culturais e de lecer para persoas con diversidade intelectual, e tamén de deportistas da Asociación San Pablo de Mondoñedo para falarnos da súa experiencia.
A actividade, dirixida ao alumnado de 1º do CM en Atención a Persoas en Situación de Dependencia (APSD), tivo como obxectivo sensibilizar sobre a importancia da inclusión e visibilizar o labor que desenvolve esta entidade. A través dunha charla informativa, Aida deu a coñecer o seu traballo e animou o alumnado a formar parte da súa rede de voluntariado, contribuíndo así á transformación social e á promoción das capacidades das persoas con diversidade intelectual.
