Seleccionar página

O día 10 de xuño, o noso equipo Innovatech desprazouse ao CGIFP Eduardo Barreiros de Ourense para participar na exposición final do Reto Diesemm, enmarcado no programa InnovaTech FP 2025.

A actividade, organizada polo Departamento de Emprendemento, consistiu na defensa dunha proposta de solución ao reto formulado pola empresa Diesemm, centrado na optimización da xestión de persoal e recursos en grandes eventos.

Durante a xornada, o noso alumnado presentou unha plataforma dixital innovadora, deseñada para dar resposta ás necesidades actuais do sector, xunto a outros tres equipos de centros educativos de Galicia. A proposta foi avaliada por unha comisión de selección do programa InnovaTech.