Seleccionar página

Hoxe foi un día moi especial no noso IES: celebramos con alegría e orgullo a graduación do alumnado que remata unha etapa importante no seu percorrido académico.

O acto estivo cheo de emocións, lembranzas, sorrisos e tamén algunhas bágoas, nun ambiente no que se mesturaron a satisfacción polo camiño percorrido e a ilusión polos novos retos que agardan.

Como centro, é unha honra acompañar o crecemento persoal e académico do noso alumnado ao longo destes anos. Grazas a todas e todos por compartir con nós esta etapa.

Parabéns, graduadas e graduados!!!