Seleccionar página

O diario El Progreso recolleu recentemente o labor que desenvolven as bibliotecas escolares da comarca no artigo “Microrrede Terra Chá: espazo para apoiarse, compartir e visibilizar”, facendo mención ao traballo do IES Lois Peña Novo.

O noso centro forma parte activa desta microrrede que agrupa 22 bibliotecas da Terra Chá. A través dela, promovemos a dinamización lectora, a cooperación entre centros e a visibilización do labor educativo no medio rural. Dende a biblioteca do IES Lois Peña Novo colaboramos en múltiples proxectos comúns que enriquecen a nosa comunidade educativa e fortalecen a lectura como eixo vertebrador.

Entre as achegas do noso centro ao proxecto destaca a creación da web toponimos.iespenanovo.com, un espazo para recoller e difundir os traballos do alumnado arredor da toponimia chairega. Ademais, elaborouse un mural cos nomes dos concellos da comarca en braille, unha proposta que aposta pola accesibilidade e a inclusión desde a biblioteca escolar.