O 4 de novembro de 2026, o profesorado e o persoal non docente do IES Lois Peña Novo participaron nunha sesión formativa sobre o Plan de Autoprotección do centro, impartida polo bombeiro Jesús Valencia.
O Plan de Autoprotección é o documento que recolle os posibles riscos do instituto, os medios de protección dispoñibles e a organización e os procedementos que debemos seguir ante unha situación de emerxencia. Tamén establece como se organizan os equipos encargados de intervir e cales son as súas funcións.
Durante a sesión repasamos a organización destes equipos, as responsabilidades do persoal e as actuacións previstas ante unha evacuación ou outro incidente que poida afectar á seguridade das persoas e das instalacións.
Esta formación resulta especialmente necesaria nun centro como o noso, con diferentes ensinanzas, aulas e talleres, onde é fundamental que o persoal coñeza de antemán como actuar e as indicacións que debe trasladar ao alumnado.
