O alumnado que durante o curso 2023/ 2024 titule na Formación Profesional de Grao Básico, obterá automaticamente a acreditación de Competencia Dixital nivel iniciación. Ademais, o alumnado que estea cursando actualmente 2º curso na Formación Profesional de Grao Básico, poderá presentarse a unha proba especifica do nivel intermedio completo. A solicitude de participación na proba específica realizarase na secretaría do centro con data límite o 21 de maio (o alumnado menor de idade debe contar coa autorización das persoas proxenitoras ou titoras legais).
O alumnado que durante o curso 2023/ 2024 titule en Educación Secundaria, obterá automaticamente a acreditación de Competencia Dixital nivel iniciación. Ademais, o alumnado que estea cursando actualmente o módulo IV da ESA, poderá presentarse a unha proba especifica do nivel intermedio completo. A solicitude de participación na proba específica realizarase na secretaría do centro con data límite o 21 de maio (o alumnado menor de idade debe contar coa autorización das persoas proxenitoras ou titoras legais). Máis info na páxina web do centro.
O alumnado que durante o curso 2023/ 2024 titule na Formación Profesional de Grao Medio de Electromecánica de vehículos Automóbiles ou de Asistencia a Persoas en Situación de Dependencia e, simultaneamente, supere unha proba exclusiva da área de domino 4, obterá a acreditación de Competencia Dixital nivel intermedio. A solicitude de participación na proba específica realizarase na secretaría do centro con data límite o 21 de maio (o alumnado menor de idade debe contar coa autorización das persoas proxenitoras ou titoras legais).
O alumnado que durante o curso 2023/ 2024 titule na Formación Profesional de Grao Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas, obterá automaticamente a acreditación de Competencia Dixital nivel Intermedio.
O alumnado que durante o curso 2023/ 2024 titule no Bacharelato no réxime para persoas adultas e, simultaneamente, supere unha proba exclusiva da área de domino 4, obterá a acreditación de Competencia Dixital nivel intermedio. A solicitude de participación na proba específica realizarase na secretaría do centro con data límite o 21 de maio (o alumnado menor de idade debe contar coa autorización das persoas proxenitoras ou titoras legais).
O alumnado que durante o curso 2023/ 2024 titule na Formación Profesional de Grao Superior, obterá automaticamente a acreditación de Competencia Dixital nivel Intermedio.
A inscrición na proba (xa sexa no Nivel Intermedio Completo ou só na área 4 do Nivel Intermedio), realizarase cubrindo a seguinte solicitude e entregándoa na Secretaría do centro con data límite o 21 de maio. O alumnado menor de idade debe contar coa autorización das persoas proxenitoras ou titoras legais.
Informarase con suficiente antelación ao alumnado da data e a hora concreta na que se realizará a proba.
Na seguinte ligazón pódese realizar unha proba de exemplo.

