Seleccionar página

O pasado 6 de febreiro, o alumnado dos Ciclos Superiores de Administración e Finanzas e Asistencia á Dirección participou nunha actividade de escape room (Escapology A Coruña) deseñada para poñer a proba as súas habilidades de lóxica, dedución e traballo en equipo.

Esta experiencia práctica permitiulles fortalecer competencias clave como a colaboración, a xestión do tempo e a toma de decisións baixo presión, nun ambiente dinámico e estimulante.