Seleccionar página

Auxiliares de conversa

O IES Lois Peña Novo participa, un curso máis, no Programa de Auxiliares de Conversa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, destinado a reforzar o ensino das linguas estranxeiras e a práctica comunicativa do alumnado.

Este programa complementario promove a colaboración de profesorado nativo nos centros plurilingües e nas seccións bilingües, co obxectivo de facilitar a práctica oral, ofrecer modelos lingüísticos auténticos e favorecer o coñecemento directo da cultura dos países de orixe dos auxiliares.

A coordinación do programa no centro está a cargo de Marta Yáñez Castiñeira, e a auxiliar de conversa asignada para o curso 2025/2026 é Marilette Eusebio, que colabora co Departamento de Inglés. As actividades do programa intégranse nas programacións didácticas.

Mais información: https://www.edu.xunta.gal/portal/linguasestranxeiras/133/608