Seleccionar página

Normativa: Resolución da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan bolsas de carácter xeral para o curso 2025/26 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios. (Enlace á Resolución publicada no BOE).

Forma de presentación: O procedemento é electrónico e iníciase coa solicitude que debe facerse na sede electrónica da páxina web do Ministerio, previo rexistro, debendo conservarse as chaves de acceso obtidas para todo o proceso, xa que vos permitirán acceder ao voso expediente e consultar o estado de tramitación, notificacións…etc. Así mesmo, na solicitude debedes incluír un enderezo de correo electrónico que vaia estar operativo durante todo o proceso,para recibir os avisos de notificacións (requirimentos; comunicacións, propostas,resolucións…). (Enlace á sede electrónica do Ministerio de Educación).


INFORMACIÓN SALIENTABLE:

  • Número de conta que poñades na beca: ten que estar como titular ou cotitular o/a estudante.
  • Despois de cubrir a solicitude tede en conta que só queda presentada cando vos deixa xerar o xustificante de presentación que debedes conservar e ler para saber se tedes que presentar documentación adicional no voso caso (padrón, sentenzas…).Isto é moi importante, moitas becas quedan denegadas na primeira fase por non xustificar datos persoais.
  • A tramitación da fase inicial (fase 0, datos persoais) adoita rematar a mediados de xullo; despois cruzaranse os datos económicos (fase 1) co Ministerio de Facenda e recibiredes ao longo do verán a notificación de se cumprides ou non os requisitos económicos. Debedes consultar o voso correo (introducido na solicitude) para ver se tedes notificacións ou ben acceder (coas vosas chaves) ao voso expediente para comprobalo. Ás veces os correos quedan no Spam, revisádeo tamén.
  • No mes de setembro haberá un prazo para presentar alegacións sobre os datos económicos (por discrepancias) e/ou para facer modificacións na beca só en tres aspectos, se hai cambios: académicos (tipo de estudos; centro onde se realizarán); residencia (fóra do domicilio familiar) e conta bancaria. Tamén vos chegará aviso por correo electrónico (tédeo operativo e consultádeo a miúdo).
  • Despois pasaremos á fase de datos académicos (fase 2). Para obter a axuda tede sempre en conta o previsto na convocatoria e, en particular, que de 1º a 2º de BAC só se permite un suspenso (aínda que se poida pasar de curso con dúas materias, isto non aplica no caso das becas) e, de repetir curso, non se permite ningún suspenso. No caso da FP, para obter beca, hai que matricularse nun mínimo de 500horas e superar unha carga horaria dos módulos do curso anterior, igual ou superior ao 85% das horas e o 100% destas nos casos de matrícula parcial ou específica para persoas adultas e outras.
  • Ademais lembrade que para non ter que devolver a beca concedida hai que cumprir uns obxectivos: asistir ás clases; non darse de baixa no centro antes que remate o curso e aprobar, a lo menos, o 50% de materias, créditos ou horas.
  • No caso de que por calquera motivo decidades abandonar os estudos, presentade canto antes un escrito de renuncia á beca para a dirección territorial de educación da Xunta en Lugo. Se despois de renunciar, vola chegan a ingresar, debedes rexeitar a transferencia dende o banco e no caso de que antes de presentar a renuncia xa fose ingresada, haberá que renunciar igualmente para tramitar un proceso de reintegro que leva sempre aparellado o aboamento de intereses.

Enlace á páxina web do Ministerio onde atoparedes máis información sobre as becas