Seleccionar página

O 11 de marzo de 2026, o alumnado de 1º do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR), 1º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas (AF) e 1º do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes (SMR) participou na sesión formativa «Seguridade nas túas finanzas», celebrada na biblioteca do centro entre as 11:45 e as 12:45 horas.

A actividade foi organizada polo Departamento de Orientación e enmarcouse nos programas Eduemprende.

A sesión foi impartida por Miguel Fernández Viña, do programa Finanzas para Mortais, quen abordou cuestións relacionadas coa seguridade financeira no ámbito dixital, como as ameazas, estafas e fraudes en liña, as compras seguras en internet, os investimentos dixitais ou os fraudes asociados aos criptoactivos, ademais de ofrecer recomendacións para un uso seguro das finanzas persoais.

A actividade permitiu reforzar a educación financeira do alumnado e fomentar unha actitude crítica e responsable no uso das ferramentas dixitais.