Seleccionar página

O 4 de decembro, os grupos de 1º e 2º CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia (APSD), 1º CM Instalacións Eléctricas e Automáticas (IEA) e 1º CM Sistemas Microinformáticos e Redes (SMR) participaron na biblioteca do centro nunha actividade de sensibilización sobre explotación sexual e situacións de trata de persoas.

A sesión foi impartida pola entidade Oblatas, que traballa con mulleres prostituídas e en situación de trata. O obxectivo foi achegar ao alumnado a dimensión desta problemática social, que afecta especialmente ás mulleres máis vulnerables, e promover unha reflexión colectiva sobre as causas, as consecuencias e o papel que cada persoa pode desempeñar na súa erradicación.