Seleccionar página

O 5 de marzo de 2026, o alumnado do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes (SMR) e do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR) participou nunha charla sobre ciberseguridade, desenvolvida nas aulas 24 e 10.

A actividade realizouse en colaboración con INCIBE, no marco do programa Cyber Talent, e foi impartida por persoal do Immune Technology Institute.

Durante a sesión abordáronse cuestións relacionadas coas principais ameazas dixitais, as boas prácticas de seguridade e a importancia da ciberseguridade tanto no ámbito educativo como no profesional, con especial atención aos contornos tecnolóxicos.