A formación profesional de grao básico forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en ámbitos e módulos profesionais de duración variable.
Os ciclos formativos de formación profesional de grao básico teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos.
Superando a FP Básica obtense:
- Título Profesional Básico (Nivel de cualificación 1 do Catálogo Nacional de cualificacións profesionais)
- Título de Graduado en Educación Secundaria
- Certificado básico de Prevención de riscos laborais
- Acceso pola cota B a Ciclos FP de Grao Medio
O procedemento para a admisión e matrícula na FP Grao Básico son diferentes para alumnado de menos de 16 anos (idade de escolarización obrigatoria) dos de 16, 17, 18, 19 ata o ano natural no que cumpren 20 anos. En todo caso, a decisión sobre a admisión a ciclos de grao básico corresponde á comisión de escolarización.
http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-grao-basico-2023-2024
Procedemento de admisión nos Ciclos de Grao Básico
- Alumnado en idade de escolarización obrigatoria (ata 16 anos)
O procedemento iníciase no centro educativo onde o menor está escolarizado.
Período de inscrición: Será o centro de orixe do alumnado de escolarización obrigatoria proposto para incorporarse á un ciclo formativo de grao básico o encargado de recoller e cargar os datos da solicitude de admisión e matrícula, segundo o modelo do anexo I da Orde do 13 de xullo de 2015, na aplicación informática Ciclosadmisión.
- Alumnado maior de 16 anos ata o ano natural no que cumpren 20 anos
As persoas en idade de escolarización non obrigatoria poden solicitar a súa incorporación a un ciclo formativo de formación profesional básica se cumpren os seguintes requisitos:
- Que fagan 17, 18 , 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo, con independencia de que estivesen ou non escolarizadas no curso escolar anterior.
- Que non estean en posesión dun título de formación profesional nin calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.
O procedemento realízase directamente co centro de destino, no noso caso o IES Lois Peña Novo. O centro educativo de destino cargará directamente na aplicación as solicitudes do alumnado de escolarización NON obrigatoria e fará entrega do resgardo de presentación da solicitude á persoa interesada nos mesmos prazos e co procedemento descrito para o alumnado de escolarización obrigatoria.
Procedemento de inscrición nos Ciclos de Grao Básico
O período de inscrición será desde o 26 de xuño ás 9:00 horas ata o 6 de xullo ás 13:00 horas. Os centros educativos disporán ata as 14 horas do día 6 de xullo para cargar as solicitudes na aplicación Ciclosadmisión.
Proceso de matrícula
A comisión de escolarización disporá desde o día 14 ao 20 de xullo ás 11:00 horas para a asignación de prazas. Ningunha matrícula se fará sen autorización da comisión de escolarización.
A matrícula das persoas admitidas formalizarase no centro de destino a partir do día 24 de xullo.
A matrícula en ciclos liberados para alumnado de escolarización non obrigatoria que non teña o título de educación secundaria obrigatoria tamén debe ser autorizada pola comisión de escolarización. Terán consideración de liberados os ciclos que dispoñan de prazas vacantes non cubertas por alumnado de escolarización obrigatoria